RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca, marcada pola continuidade da busca do gañador do escaparate de 15.000 euros das Festas de San Paio. O presidente da comisión, Iván Lorenzo, fai balance dunha edición que deixa cifras e sensacións moi positivas.

Tamén falamos da retirada das atraccións do Campo da Feira, que se prepara para recuperar o tradicional mercado dos mércores, e da Xunta, que asegura que o servizo de emerxencias da Estrada afronta o verán con todos os medios operativos.

A nivel social, destacamos a elección do estradense Iago Cribeiro como vicepresidente de Novas Xeracións de Pontevedra, os preparativos da Rapa das Bestas, o inicio dos programas de conciliación con 939 nenos e nenas inscritos, e a celebración de San Cristovo o 11 de xullo. Ademais, a Estrada rende homenaxe a seis docentes que se xubilan no Día do Mestre.

Na comarca, repasamos o incendio controlado en Refoxos (Silleda), a nova edición de Galiforest en Sergude, a aposta de Boqueixón polo Pico Sacro como espazo de encontro, e os contacontos dedicados a Begoña Caamaño en Forcarei, Lalín e Silleda.

En deportes, o Atletismo A Estrada brilla no Galego sub-23 con seis medallas e un Martín Ruibal espectacular, e coñecemos a elección de Pablo Prieto como presidente provisional da Federación Galega de Fútbol.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_176498126_feed_1.mp3

Scroll al inicio