RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe martes 30 de xuño rematamos mes e rematamos temporada, e facémolo con Verónica Barros, a nosa psicóloga de cabeceira, falando do Síndrome de Ulises.

Margarita Rodríguez Tesoureira de Estrada Dixital. achegouse ao noso Eido Dixital, como cada 15 días, para aclarar dúbidas á volta do certificado dixital. Que é? Para que serve?, como se solicita? Marga dou cumprida conta de todas estas cuestións.

Falamos con Ricardo Durán diretor da Fundación Semana Verde de Silleda para dar conta da Feira Galiforest que celebra a súa oitava edición nos Montes de Sergude. Será do 2 ao 4 de xullo con entrada de balde.

E puxemos o ramo ao programa e á temporada con Ricardo Terceiro e os seus relatos urbanos facendo un repaso dos máis destacables.

Pasade bo verán, volvémonos escoitar á volta das vacacións. Grazas por todo!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_176484679_feed_1.mp3

Scroll al inicio