RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe martes 12 de maio falamos con Inés Vázquez autora de banda deseñada que está a presentar en toda Galicia a súa última obra longa titulada «Severina e a raíña dos trasnos», unha historia, en galego, de aventuras e misterio nun Santiago de Compostela decimonónico no que ciencia e mitoloxía van de mans dadas cunha nena coma protagonista.
No noso espazo «Ruralmente» asomouse Sonia Carbia de «Leite Ulla», contounos as orixes da empresa familiar, como decidiu seguir co legado, das risas e dos choros de traballar no rural e do seu desexo de que a empresa siga permanecendo nun futuro na familia.
E rematamos a ritmo de música electrónica e disco xa que este venres 15 celébrase na praza do Concello da Estrada a segunda edición do Latexo Fest, un festival de ritmos electrónicos, dicotequeiros e reguetoneiros que porá a bailar a todos e todas as que nos acheguemos ese día á Estrada. Falamos con Carlos López un dos seus impulsores.
Se queredes saber máis entrade e dádelle ao play…é de balde!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_173534025_feed_1.mp3

Scroll al inicio