RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe luns 11 de maio arrancamos a semana máis bonita do calendario anual, a semana das Letras Galegas que terá o seu día grande o vindeiro domingo día 17.

Comezamos semana e e programa coa sección de consumo con Kim Llovet e Ana Cores. Puxemos o foco nunha alerta sobre unha posible estafa no Concello da Estrada e falamos dos pasos que hai que seguir para reclamar diante do banco calquera tipo de estafa.

Co gallo da semana das letras o xoves pola tarde a contadora Vero Rilo pon en escea xunto ao guitarrista Luís Iglesias «As mil e unha» unha peza que honra e conmemora a figura da homenaxeada este ano, Begoña Caamaño.

Lucía Seoane, concelleira de cultura da Estrada adiantounos o programa de actividades á volta da letras galegas e Marga Rodríguez Tesoureira da Fundación Cultural da Estrada falounos da razón de ser desta institución que xa é un alicerce chave para o desenvolvemento, social, económico e cultural do noso concello.


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_173525086_feed_1.mp3

Scroll al inicio