RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste mércores chega marcada pola reparación da avaría no subministro de auga que afectou esta mañá á zona comprendida entre as rúas Justo Martínez e Castelao. Tamén analizamos a situación de seca na conca do Lérez, nun contexto no que A Estrada mantén, polo momento, unhas reservas de auga en condicións favorables.

Miramos ao verán estradense para coñecer como está a evolucionar a chegada de visitantes e turistas ao municipio. E estaremos pendentes da proposta de irmandamento entre A Estrada e Rianxo, que será estudada hoxe.

En comarcas
En Silleda, o Concello reforza o abastecemento e a depuración de auga cun investimento que supera os 40.000 euros. En Cerdedo‑Cotobade, dúas familias recibiron xa as chaves das novas vivendas municipais de Carballedo destinadas ao alugueiro social. Analizamos tamén as dificultades dos pequenos concellos da comarca Ulla‑Umia pola falta de funcionarios, que está a complicar a xestión municipal. E coñecemos o dispositivo da Garda Civil na provincia de Pontevedra para controlar os espectáculos pirotécnicos e garantir que se desenvolvan con todas as medidas de seguridade.

En deportes
A estradense Iziar Barcala debuta con España no Europeo Júnior de Bádminton cunha vitoria ante Islandia. Ademais, A Estrada reúne 119 parellas que participarán no torneo Xacobeo de pádel, cuxos sorteos e horarios quedaron fixados hoxe para unha competición que se desenvolverá desde mañá ata o sábado 29.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_179198991_feed_1.mp3

Scroll al inicio