RadioEstrada

Entre gaiteiros e hórreos

Na Galería de Verán de Radio Estrada deste mércores 19 de agosto compartimos unha mañá de radio, música, cultura e historias moi nosas.

Achegámonos ata Soutelo de Montes para falar coa alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro, sobre a Festa do Gaiteiro, a figura de Avelino Cachafeiro e a recuperación das insignias de ouro.

Recibimos tamén ao estradense Henrique Fernández Coto, presidente da Federación de Alfombristas de Galicia e de APATRIGAL, para conversar sobre o alfombrismo, a defensa do patrimonio cultural galego e a importancia de conservar e transmitir todo aquilo que forma parte da nosa identidade.

E temos ademais unha visita moi especial: Juan Tamariz, todo un referente da maxia, que pasa pola nosa Galería para deixarnos conversa, humor e, como non podía ser doutro xeito, un pouco de maxia.

Completamos o programa coa actualidade da comarca, as efemérides do 19 de agosto, participación, curiosidades e unha selección musical para acompañar esta mañá de verán.

A Galería de Verán · Radio Estrada 107.7 FM.
A radio máis próxima para seguir gozando do verán.


https://www.ivoox.com/entre-gaiteiros-e-horreos_mf_179198438_feed_1.mp3

Scroll al inicio