RadioEstrada

Entre goles e viños

A Galería de Verán | 20 de agosto de 2026

Este xoves 20 de agosto abrimos A Galería de Verán cunha mañá ben diferente: baixada das temperaturas e algo de chuvia despois de varias xornadas marcadas pola calor e a seca.

Min 19:50 de programa. Achegámonos á vendima nas Rías Baixas conversando con Agustín Lago, director técnico da Denominación de Orixe Rías Baixas. Analizamos como chega a uva á recta final da maduración, as previsións para a colleita, a súa calidade e os efectos que puideron ter a calor e a falta de chuvia nos viñedos.

Min 53:30 de programa. O deporte tamén tivo protagonismo. Falamos con Toño Camba, presidente do CD Estradense, sobre a nova tempada en Terceira Federación, as incorporacións ao equipo, a aposta pola xuventude e o novo patrocinador principal, Indalsu.

Ademais, repasamos a actualidade da comarca, lembramos as efemérides deste 20 de agosto —coa Voyager 2, Robert Plant, Phil Lynott e ata os mosquitos como protagonistas— e puxemos banda sonora á mañá con música para seguir gozando do verán.

Actualidade, viño, fútbol, curiosidades, participación e boa música. Todo desde A Estrada e para toda a comarca.

A Galería de Verán, en Radio Estrada 107.7 FM.


https://www.ivoox.com/entre-goles-e-vinos_mf_179247996_feed_1.mp3

Scroll al inicio