RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste luns chega marcada por unha traxedia: un home perdeu a vida tras ser rescatado do río Ulla ao seu paso por Couso. A fin de semana deixou tamén varios accidentes nas estradas da comarca, con catro persoas feridas nun sinistro en Loimil**** e dous ciclistas atropelados en Tabeirós.

No ámbito xudicial, este xoves celebrarase o xuízo por un presunto caso de tráfico de cocaína con orixe no noso concello, mentres que en Sabucedo seguimos pendentes da Rapa das Bestas, que hoxe celebrou o Curro Solidario, o derradeiro desta edición.

Na información municipal, a Xunta de Goberno prevé aprobar hoxe o plan de humanización do rural, dotado con 6,5 millóns de euros. Ademais, lembrarémoslles que a próxima semana abrirase o prazo para anotarse no Campamento do Mar e que desde hoxe xa se poden solicitar as axudas da Xunta para o comedor escolar, con achegas de ata 150 euros para as familias que cumpran os requisitos. Pecharemos este bloque coa petición do BNG para mellorar a seguridade na N‑640 e reclamar, unha vez máis, a variante da Estrada.

EN COMARCAS
A xornada deixa outra triste nova: un integrante da agrupación Cantigas e Agarimos faleceu mentres participaba nunha actuación no Corazón da Artesanía de Agolada.

Tamén estaremos pendentes do **pleno extraordinario do Consorcio Contraincendios****, que se celebra esta tarde en Silleda, e das Catas de Galicia, que hoxe fan parada en Boqueixón.

En Cuntis, o Concello terá que repetir a licitación das novas piscinas municipais ao quedar deserto o concurso. E completamos a información comarcal con dous acordos da Deputación de Pontevedra: a adxudicación do novo servizo de teleasistencia, cun investimento de 500.000 euros, e a contratación das actividades infantís e xuvenís do programa +Convivir, dotadas con 225.000 euros.

EN DEPORTES
O Estrada Basket organiza este mércores un curso gratuíto de formación para adestradores no Manuel Coto Ferreiro.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_176828746_feed_1.mp3

Scroll al inicio