Comeza unha fin de semana marcada polas altas temperaturas e polos días grandes dunha das citas máis emblemáticas do verán na comarca: a Rapa das Bestas de Sabucedo. As greas xa se xuntan no monte, mentres o comité de urxencia da Festa se constituirá mañá. Na Gala dos Aloitadores, celebrada onte, rendeuse homenaxe póstumo a Adolfo Cabada e recoñeceuse tamén a Kike Vázquez.
A actualidade vén marcada tamén por un incendio forestal en Gontade (Cuntis), que obrigou a mobilizar un amplo operativo de extinción. Na Estrada, o Concello abre un novo proceso para completar a segunda brigada forestal, e o Sindicato Labrego lembra as restricións no uso de maquinaria durante os días de máximo risco.
O pleno municipal gardou un minuto de silencio polos terremotos de Venezuela e pola morte dunha veciña atropelada. Ademais, coñecemos os detalles do proceso para cubrir a praza de asesor xurídico do Concello e achegámonos á Praza de Galicia, onde tres peixes converteron a fonte na súa nova casa, coincidindo co anuncio de próximos traballos de mellora na instalación.
️ Nas comarcas
Agolada inaugura unha nova edición do Corazón da Artesanía.
En Cerdedo-Cotobade avanza o proxecto da futura área de autocaravanas de Fontán.
En Caldas de Reis xa está aberto ao público o novo recinto termal das Pozas da Tafona.
♂️ Deportes
Dous atletas estradenses competirán co Ourense Atletismo no Galego sub-16 por clubs, unha cita clave para o deporte base da comarca.
