RadioEstrada

6 de Xullo – Galería de Verán

Na Galería de Verán de Radio Estrada despedimos a fin de semana da Rapa das Bestas de Sabucedo e puxemos o foco noutra das grandes tradicións do verán galego coa Rapa das Bestas de Amil.

Falamos con Manuel Fariña Souto, tenente de alcalde de Caldas de Reis, sobre a apertura de Entreaugas, o novo espazo termal público das Pozas da Tafona, un proxecto esperado durante máis de catorce anos.

Na segunda hora, conversamos con Mamed Souto, presidente da Asociación Cultural e Cabalar Monte Acival, para coñecer como se prepara a Rapa das Bestas de Amil e o traballo que hai detrás da conservación dos cabalos en liberdade.

Ademais, repasamos a actualidade da xornada, as efemérides do 6 de xullo, abrimos a nosa pregunta do día sobre que tradición galega lle ensinarías a un turista que visita Galicia por primeira vez, e analizamos co noso colaborador Antón Lueiro o decisivo España-Portugal dos oitavos de final do Mundial, acompañado da tradicional porra de Radio Estrada.

Todo isto, coa mellor música, a axenda cultural e o espírito de proximidade que cada mañá compartimos contigo en Radio Estrada.

Scroll al inicio