RadioEstrada

Galería de Verán de Radio Estrada

🎙️ A Galería de Verán | Venres 3 de xullo

Comezamos unha fin de semana moi especial coa Rapa das Bestas de Sabucedo como gran protagonista. Neste programa repasamos a actualidade da xornada na nosa revista de prensa e falamos dunha das festas máis tradicionais da Estrada: o San Cristovo, coñecendo todos os detalles da edición deste ano da man da organización.

Na segunda hora descubrimos o innovador proxecto de musealización dixital da Rapa das Bestas, que permitirá vivir esta celebración durante todo o ano a través da realidade aumentada, vídeos inmersivos e unha ruta intelixente por Sabucedo.

Ademais, lembramos as efemérides máis curiosas do 3 de xullo, abrimos a participación coa nosa Pregunta do Día inspirada en Regreso ao Futuro, xogamos co concurso das camisetas do Folk de Callobre e repasamos a axenda musical da fin de semana, coa presenza dos estradenses Pants Off no Resurrection Fest.

Dúas horas de información, entrevistas, participación e boa música para acompañar a mañá en Radio Estrada.

Escoita o programa completo aquí ->https://go.ivoox.com/rf/176722936

💛 O que pasa na Estrada, pasa por aquí.

Scroll al inicio