A actualidade deste xoves chega marcada por un tráxico atropelo mortal rexistrado esta mañá na N‑640 ao seu paso pola Estrada. Ademais, repasamos a alerta vermella por calor activada no interior da provincia e as consecuencias que está a ter nas actividades previstas para estes días, especialmente na Rapa das Bestas, que adapta horarios e reforza o dispositivo de seguridade na gala e no inicio da festa.
Tamén coñecemos o novo plan do Concello da Estrada para humanizar máis de 250 núcleos do rural, a renuncia ao premio do Gran Escaparate do San Paio por parte do establecemento gañador e a apertura da matrícula na Escola de Música da Banda Municipal para o vindeiro curso.
En Comarcas
Investigación en Vila de Cruces: un veciño é investigado por roubar un coche e cinco motocicletas.
Vivenda social en Forcarei: o municipio rehabilitará dez vivendas municipais para destinalas a alugueiro social.
⚽ En Deportes
O Sporting Estrada completa o seu corpo técnico con Borja Rey e Nacho Vázquez.
