RadioEstrada

Cambian os horarios dos curros da Rapa das Bestas de Sabucedo pola vaga de calor

A Asociación Rapa das Bestas e o Concello da Estrada acordaron modificar os horarios dos curros previstos para esta fin de semana en Sabucedo ante a vaga de calor que se agarda en Galicia.

A decisión foi adoptada este martes arredor das 13:30 horas, durante unha reunión mantida entre representantes da organización e do Concello, co obxectivo de garantir unhas condicións máis favorables tanto para os aloitadores como para o público asistente e os propios cabalos.

Deste xeito, o curro do sábado celebrarase finalmente ás 20:00 horas, mentres que os curros do domingo e do luns adiántanse ás 11:00 horas.

Con este cambio, a organización busca evitar as horas de maior incidencia da calor, nunha fin de semana na que as previsións meteorolóxicas apuntan a temperaturas especialmente elevadas.

A programación da Rapa das Bestas mantense sen máis cambios, quedando modificados unicamente os horarios dos curros.

Scroll al inicio