As luces do San Paio xa se apagaron, pero na Estrada a festa nunca descansa. A vila despedíu unha edición multitudinaria, chea de música, tradición e emoción, que mesmo levou ao alcalde Gonzalo Louzao a pedir que se repita o formato o vindeiro ano. E sen tempo para coller folgos, o pulso da comarca muda de escenario: Sabucedo prepárase para unha nova Rapa das Bestas, a celebración máis internacional do noso concello, lista para conquistar o mundo unha vez máis.
Neste informativo repasamos os asuntos máis destacados da xornada:
O número 3.221 leva o escaparate das festas de San Paio, pero o gañador aínda non apareceu.
A Estrada homenaxea a Virxinia Pereira cunha escultura da familia Castelao-Pereira na Praza de Galicia.
A organización da Rapa das Bestas estuda modificar os horarios pola previsión de altas temperaturas.
O concello rende homenaxe a seis docentes que se xubilan no Día do Mestre.
A comunidade venezolana recolle axuda para as vítimas do terremoto.
Alfonso Cusidó volve á Estrada para expoñer na antiga fábrica téxtil onde medrou.
Visita institucional do novo delegado territorial da Xunta, Pablo Fernández López.
Na comarca:
A Garda Civil desartella unha organización criminal con base en Teo e Padrón dedicada ao roubo en aeroportos.
Corazón da Artesanía reunirá 70 expositores en Agolada do 3 ao 5 de xullo.
En deportes:
A estradense Iziar Barcala representará a España no Campionato de Europa Sub-19 por cuarta vez.
