RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe luns 29 de xuño a piques de rematar a temporada do É de mañá tivemos a nosa derradeira sección de consumo con Kim Llovet e Ana Cores. Falamos das rebaixas que xa están ás portas e dos seguros vencellados ás hipotecas.

Tamén fixemos a previa da Rapa da Bestas que vai ter lugar esta fin de semana na parroquia estradense de Sabucedo. Tradición e festa van de mans dadas nesta senlleira celebración que ten 450 anos de historia.

Botamos áncora en Cuntis por que o asociacionismo nese concello deixanos iniciativas tan bonitas, cercanas e humanas coma o Club Deportivo «Moraña en ruta». Falamos con Manuel de Roque, membro da asociación e co seu presidente.

E puxemos o ramo deste É de mañá falando de arte, concretamente da exposición pictórica que ata o día 4 de xullo podemos gozar na Casa das Letras na Estrada. A artista, Uxía Rosende que pretende con esta exposición amosarnos os seus primeiros pasos no mundo da arte xa que aínda está estudando Belas Artes en Valencia. Escoitade a esta rapaza que fala con paixón do que lle gusta facer e que ten as cousas moi claras.

Pasa e dálle ao Play. É de balde!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_176429705_feed_1.mp3

Scroll al inicio