RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Arrinca oficialmente a Semana das Festas do San Paio, días e noites de celebración con concertos, orquestras, deporte, atraccións e tamén cambios importantes na mobilidade: rúas cortadas, traslado da feira dos mércores e os tradicionais lumeiros de San Xoán, que xa superan as 200 solicitudes e requiren máxima precaución. Ademais, esta semana trae dous festivos: o mércores, festivo autonómico polo San Xoán, e o venres, festivo local na Estrada. Con todo isto, tamén nós preparamos programación especial.

No informativo de hoxe repasamos:

Un vehículo queda totalmente calcinado na N‑640 e catro persoas resultan feridas nun accidente en Cuntis.

As negociacións para evitar a folga do lixo retómanse esta tarde tras rematar sen acordo o venres.

A Deputación investirá 430.000 euros na mellora da estrada entre o Alto da Cruz e Santeles.

O goberno local leva hoxe á Xunta de Goberno o convenio co Sergas para reformar o centro de saúde de Oca.

Último día para solicitar permiso para os lumeiros de San Xoán.

O Concello da Estrada e a Asociación Rapa das Bestas asinan a cesión do albergue de Sabucedo por 10 anos.

A Estrada recuperará o paso peonil da Ponte de Leira cun investimento de máis de 8.600 euros.

Comeza o Operativo Especial do San Paio da Policía Local.

O Imserso abre o prazo para solicitar as viaxes 2026‑2027.

Os futuros policías locais de Galicia realizan o Camiño de Santiago como parte da súa formación.

Inaugúranse dúas exposicións: a de Virxinia Pereira na Alameda Municipal e a primeira mostra individual de Uxía Rosende na Casa das Letras.

En comarcas:

Extinguido o incendio forestal de Padrón tras nove días de loita.

Inaugurado en Moraña o II Obradoiro Dual Ulla‑Umia.

O BNG de Vila de Cruces inicia unha recollida de sinaturas para reclamar melloras no centro de saúde.

O Lamela celebra o ascenso a Primeira Autonómica doce anos despois.

En deportes:

O Estrada Xuvenil descende a 1ª Futgal Xuvenil tras caer fronte ao Victoria CF B.

Dúas atletas do CA Estrada compiten no Galego Absoluto.

Un corredor da Nocturna Estradense pasa a noite no hospital por un golpe de calor.

Miguel Fins e Antonio Duro completan a travesía da Batalla de Rande, 27 km entre as Cíes e San Simón.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_176016714_feed_1.mp3

Scroll al inicio