Hoxe luns 22 de xuño, xa co verán istalado nas nosas vidas, afrontamos os derradeiros programas do É de mañá desta temporada. Coma todos os luns na sección de consumo con Kim Llovet e Ana Cores falamos das estafas por guasap ou correo electrónico.
Falamos con Manuel de Roque o técnico de turismo de Cuntis para facernos aprevia das celebracións do San Xoán nese concello. Mañán no Castro de Landín teremos unha celebración desde a tradición e o día 27 na parroquia de Guldrís haberá San Xoan a cachón con orquestras e comida e bebida de balde.
O té deixa de ser produto de cultivo exclusivo de paises asiáticos e Pontevedra súmase á investigación, cultivo e distribución desta planta que dá na bebida máis consumida no planeta despois da auga. Falamos con Javier Tourís deputado provincial quen nos contoudo traballo que están a realizar desde hai 25 anos no Centro Fitopatolóxico Areeiro dependente da deputación provincial.
E puxemos o ramo a esta mañá con Pilar Bermúdez, profesora, condutora do espazo «O Recuncho da Lingua» nesta casa quen nos falou do San Xoán, costumes, tradicións, lembranzas e de que coma nunha ocasión veu bailar o sol. Si, si…Ah! e da celebración que se leva facendo desde hai moitos anos no areal de Berres e que este ano acollerá a súa derradeira celebración.
Queres escoitar máis…pois entra e dálle ao play. É de balde!!!
