O informativo de hoxe chega cunha triste noticia que conmociona ao deporte galego: o falecemento de Noelia Gestoso Uzal, de 26 anos, xogadora destacada do Club Bádminton A Estrada e do Ravachol de Pontevedra, e médica en exercicio en Cantabria. Tras meses de loita contra un cancro agresivo, a súa perda deixa unha fonda pegada en compañeiros, adestradores e afeccionados. A súa despedida terá lugar este venres ás 17:00 h na igrexa de Tabeirós. Desde Radio Estrada enviamos o noso máis sentido pésame á súa familia e amizades.
Ademais, repasamos a actualidade local e comarcal:
Aprazado ata outubro o xuízo por un presunto delito de tráfico de drogas en A Estrada.
Pendentes da reunión entre Geseco e sindicatos ante a posible folga de lixo nas Festas do San Paio.
O presidente da Deputación, Luis López, presenta en Sabucedo a nova edición da Rapa das Bestas.
Entrega do Premio de Novela Manuel García Barros no Teatro Principal.
A Nocturna Estradense prevé reunir 600 participantes e activa un operativo especial de seguridade.
Continúan os traballos de repintado de vados e prazas de mobilidade reducida.
O BNG critica a falta de información e as molestias das Festas do San Paio.
O Imserso abre o prazo para solicitar viaxes da tempada 2026-2027.
A Asociación de Fillos e Amigos da Estrada celebra a súa tradicional Xuntanza con cinco homenaxeados.
Os futuros policías locais de Galicia farán o Camiño de Santiago como parte da súa formación.
San Xurxo de Vea organiza unha foliada solidaria a beneficio da infancia con cancro.
Na comarca:
O Concello de Padrón suspende de emprego e soldo un traballador condenado por acoso sexual.
Teo sancionará á empresa do Servizo de Axuda no Fogar por incidencias durante as protestas.
A Xunta abre axudas de ata 75.000 € para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores no rural.
En deportes:
Máis de 1.200 deportistas participarán no Torneo de Verán da UD Estrada.
Tres atletas do Club Atletismo Estrada competirán no Campionato de Galicia Absoluto.
