A Estrada convértese hoxe no epicentro da última das Festas do Correlingua 2026, unha celebración que percorreu Galicia durante todo o mes para promover o uso do galego entre a mocidade. Once centros educativos da Estrada, Forcarei e Cuntis participan nunha xornada chea de actividade polas rúas e na Praza do Concello, presentada por Fran Rei e coa tradicional carreira pola lingua como punto de partida.
No informativo de hoxe repasamos tamén a actualidade local e comarcal:
A Xunta suspende todas as queimas agrícolas e forestais pola vaga de calor.
Convocada unha folga na recollida do lixo na Estrada en plenas festas patronais.
O conselleiro Diego Calvo participa nun exercicio de busca con unidades caninas.
Terra Emprende vive unha segunda xornada de éxito con 45 firmas galegas.
A residencia pública de maiores celebra 40 anos.
O San Xoán do Areal de Berres anuncia a súa última edición.
Presentacións culturais no Concello e unha nova peza audiovisual de Habita Inmobiliaria que reivindica a identidade estradense.
A Escola Municipal de Artes Escénicas homenaxea a Virxinia Pereira cun ciclo teatral.
Confirmada a actuación de Goyo Jiménez no Teatro Principal o 10 de decembro.
Na comarca:
Condenados cinco homes en Campo Lameiro por maltrato animal.
Cerdedo-Cotobade aproba investimentos millonarios no pavillón de Tenorio e no vial Caroi–Cerdedo.
E no deporte:
Marián Mouriño e Gudelj participan na Romaría Celtista.
Fin de semana intensa para o Atletismo A Estrada.
A AE League bate récord con máis de 500 xogadores.
Tinto deixa o Sporting Estrada tras lograr ascenso e permanencia.
