O Concello da Estrada recupera os obradoiros de emprego cinco anos despois coa posta en marcha de A Estrada Emprega Foresta. Ademais, Sabucedo prepárase para unha nova edición do Rapasons, que encherá de música a aldea do 3 ao 6 de xullo, e xa están dispoñibles máis de mil entradas online para cada un dos curros da Rapa das Bestas. Coñecemos tamén os horarios do Rapabús, que este ano incorpora un servizo á 1 da madrugada o sábado.
O Concello lamenta a convocatoria de folga no servizo do lixo e pide diálogo entre empresa e traballadores, mentres se abre o prazo de inscrición para o campamento de verán municipal. Xa están á venda as entradas para ver a Goyo Jiménez no Teatro Principal o 10 de decembro, e a asociación Fillos e Amigos homenaxeará cinco persoas e entidades na súa xuntanza anual do 20 de xuño. Ademais, a Finca da Condesa inaugura a tempada de arandos permitindo a recollida directa da froita.
Na comarca, a Deputación de Pontevedra destina máis de 30.000 euros a programas de igualdade en Deza e Tabeirós-Terra de Montes; o BNG de Silleda presenta a Erea Rey como candidata á Alcaldía para 2027; e Cerdedo acollerá este sábado a segunda velada Muay Thai Guerreiros da Terra de Montes.
En deportes, o Atlético Arteixo impónse ao SD Compostela e mantén a vantaxe na loita polo ascenso a 2ª RFEF. Falamos co seu adestrador.
