RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Neste informativo percorremos a homenaxe a Virxinia Pereira e ao seu fillo, dentro dos actos do Ano Cultural 2026, e coñecemos as novas actuacións previstas na PO‑841, incluída unha senda peonil de máis de dous quilómetros. Falamos tamén da defensa do traspaso da AP‑9 “pero non a calquera prezo”.

A arte urbana segue a medrar coa finalización do mural dedicado á Rapa das Bestas de Sabucedo, mentres que o programa Yo Conecto leva a alfabetización dixital a máis de 140 persoas no rural. O comercio local activa motores cos Bonos Activa Comercio e a Feira da Sidra abre a retirada anticipada dos seus 4.000 vasos.

No ámbito educativo, docentes do IES Antón Losada viaxan ata Mayotte para impulsar intercambios internacionais, e o MOME acolle unha charla sobre saúde e benestar feminino “sen tabús”. A xornada complétase coa 13ª Festa das Palabras no Teatro Principal e coa programación infantil da Biblioteca Municipal.

Nas comarcas, seguimos unha operación de Aduanas contra o tráfico de marihuana en Teo e coñecemos o investimento de 290.000 euros na parcela do futuro CEIP de O Milladoiro.

E no deporte, o CD Estradense pecha unha tempada histórica cunha carta aberta de agradecemento á afección, xogadores e patrocinadores.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_174487642_feed_1.mp3

Scroll al inicio