RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e comarca: a petición fiscal de máis de tres anos de cárcere para un home acusado de vender cocaína; o BNG confirma que Xoán Reices non repetirá como candidato en 2027; e o PSOE critica a curta tempada das zonas de baño municipais. Ademais, coñecemos os detalles dos vasos da Festa da Sidra, que este ano inclúen un colgador, e lembramos que Galicia amplía a vacina do VPH para homes ata os 25 anos. Falamos tamén da “Festa das Palabras”, da renovación da directiva da Hermandad Venezolana e das últimas novidades da Deputación. En deportes, o Estradense cae con honra en Arteixo, repasamos o Trofeo Ciclista e o triunfo do FC Porto no 9º Torneo Internacional de Benxamíns.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_174298135_feed_1.mp3

Scroll al inicio