Esta semana os nosos estudos volveron encherse de música e conversas con identidade propia, demostrando que a creatividade tamén se constrúe dende o cotián.
🎶 O venres, a nosa compañeira Isa Durán entrevistou a Way Ponce, artista de orixe colombiana afincado na Estrada, que produce e crea a súa música dende o seu propio home studio, convertendo a casa nun espazo de creación sonora. Escoita a entrevista e os seus temas: 🎧Dálle ao play aquí
🎧 Ademais, Paula Carro e Bea Bravo estrearon un novo capítulo de Fechadas no Baño, baixo o título “Picoteos de cine”, no que compartiron a súa paixón por ver películas, facer porras nas entregas de premios e desfrutar dos rituais máis cinéfilos — con oráculo e tortilla de pataca incluídos. 👉 Escoita o podcast aquí
Dúas propostas diferentes, unha mesma esencia:
✨ historias que nacen aquí e conectan coa xente.
👉 Xa dispoñibles nos nosos podcast.
#RadioEstrada #TalentoLocal #PodcastGalego #CulturaGalega #Aestrada
