RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Neste informativo comezamos cunha fin de semana marcada pola tristeza: despedimos a dúas persoas moi vencelladas á lingua galega e ao compromiso coa súa terra. Por unha banda, lembramos a figura de Fernando Cabeza Quiles, escritor, investigador e referente da toponimia galega, falecido aos 73 anos tras un accidente en bicicleta en Carballo. Recuperamos ademais un fragmento no que explicaba a orixe do nome de Negreira, nun acto celebrado o pasado decembro en Santa Mariña de Barcala.

Tamén coñecemos a morte de Kike Portela, mozo de 37 anos, profesor de Xeografía e Historia e persoa moi querida en Cuntis, onde destacou polo seu compromiso co ensino público, coa lingua e coa memoria histórica. O alcalde, Manuel Campos, comparte un recordo en homenaxe á súa figura.

Tras estes momentos de lembranza, repasamos os titulares da actualidade local e comarcal:

Presentación da IX Romaría Celtista, que se celebrará os días 29 e 30 deste mes.

A Estrada incorpórase á Rede de Concellos contra o acoso escolar.

As Tapas do Salmón regresan do 8 ao 10 de maio con 15 locais participantes.

16 entidades estradenses beneficiaranse do programa +Convivencia da Deputación.

A comunidade educativa convoca unha manifestación o 6 de maio en defensa do ensino público.

Folga no sector do metal de Pontevedra o 7 de maio.

Excursión interparroquial ás Médulas o 16 de maio.

Na comarca:

Últimos días para solicitar as axudas do plan +Inclusiva da Deputación.

Preto de 600 aspirantes examinaranse en Silleda para optar a prazas de auxiliar de Policía Local.

En deportes:

O CD Estradense cae ante o Compostela (2-1) e continúa a loita polo play-off.

O Inversia Seguros proclámase campión de liga e ascende a Preferente.

O Tenis Recreo Cultural fai historia e chega ás semifinais do Galego por Equipos.

Bo papel dos atletas estradenses no Campionato Galego absoluto de clubs.

O Club Natación e Salvamento A Estrada pecha a mellor tempada de piscina da súa historia e inicia a preparación da campaña de praia.

Un informativo marcado pola emoción, pola actualidade e polo pulso social, cultural e deportivo da Estrada e da comarca.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_173042002_feed_1.mp3

Scroll al inicio