Hoxe martes 5 de maio falamos das consecuencias positivas das relacións persoais e sobre as habilidades sociais con Verónica Barros.
Abrimos unha nova xanela quincenal, «Eido dixital», no É de mañá para falar sobre a tecnoloxía que nos toca máis de perto con Diego Pernas xerente de Estrada Dixital.
No noso «Ruralmente» falamos de ovos, deses que saben, da casa, de galiñas en liberdade e coidadas coma raíñas e fixémolo con Alberto Baños xerente de «Ovos de Volteiro».
E puxemos o ramo á mañá falando con Marinha Area vogal do Consello da AGAL para pór en valor a relación do galego e o portugés neste Día Mundial da Lingua Portuguesa.
Entra e dalle ao Play. É de balde!!
