RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

No informativo de hoxe en Radio Estrada abrimos cunha despedida chea de sentimento. A Estrada perde a dona Inés Nogueira Villar, figura moi querida e alma de Calzados A Esquina, un deses comercios que marcaron época e que forman parte da memoria colectiva da vila. Recordamos a súa traxectoria, o seu legado e o vínculo especial que mantivo tamén con esta casa.

A continuación repasamos a actualidade da xornada cos asuntos máis destacados:

A Deputación destina 88.000 euros á Estrada para melloras en Codeseda e Cereixo a través do Plan +Provincia.

Inaugurado o CEIP Pérez Viondi tras a súa remodelación integral.

O BNG denuncia abandono na atención á dependencia no Deza, Tabeirós e Terra de Montes.

Presentación da nova edición da Festa do Costillar en Ouzande, que se celebrará o 9 de maio.

Homenaxe no Foxo ao docente Xosé Luna, que dará nome a unha das aulas do colexio.

O IES Antón Losada Diéguez abre as súas portas os días 27 e 28 para dar a coñecer a súa oferta educativa.

O alumnado galego contará cun correo electrónico oficial desde 5º de Primaria.

Cereixo celebra o Domingo da Carne con misas, feira multisectorial, música, ruta cabalar e tardeo.

Fin de semana cultural na Estrada con teatro, humor e música para todos os públicos.

A Banda Municipal presenta o concerto “A Estrada: luz e son” este sábado no Principal.

A Coral Polifónica Estradense homenaxea aos seus membros falecidos cunha misa solemne.

En Comarcas:
Formación para familias en Boqueixón, turismo con mascotas en Padrón e a Festa dos Maios en Caldas de Reis.

En Deportes:
A previa do fútbol e fútbol sala da man de Rafa Vázquez, coa Xornada do Socio e a 9ª Gala do CD Estradense. Novo récord galego de Paula Pena no Campionato de España de Salvamento e participación do Club Atletismo A Estrada nas series en pista da USC.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_172512443_feed_1.mp3

Scroll al inicio