RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade da xornada vén marcada polo éxito histórico de Iziar Barcala, que se proclamou campioa de España sub-19 de bádminton en Huelva, un logro que sitúa á deportista estradense entre as grandes referentes do bádminton nacional. Escoitamos ademais as súas valoracións tras conquistar o ouro.

Nos titulares, falamos do accidente rexistrado en Souto de Vea no que resultaron feridos dous veciños da Estrada, así como doutros sucesos acontecidos nas últimas horas. Tamén contamos os preparativos para o acendido de Nadal deste venres, que terá carácter solidario en beneficio da Fundación Andrea, e repasamos os asuntos que abordará a Xunta de Goberno Local, entre eles o financiamento da remodelación do Novo Municipal.

Ademais, achegámonos ao acto central da campaña electoral do BNG no MOME, coñecemos o novo recoñecemento acadado polo compositor estradense Juan Núñez coa obra Ulla e informamos da apertura do prazo para retirar os convites do concerto de Santa Cecilia da Banda Municipal.

O informativo complétase coa homenaxe a Moncho de Rivas en Guimarei, cambios no curso de uso do móbil de Ribela, a proposta cultural de GaleRock’N’Magic dentro de Circo no Camiño e a presentación da XIX Festa dos Callos de Matalobos.

Na información comarcal, a Garda Civil investiga unha nova vaga de roubos en vivendas, repasamos un accidente de tráfico en Dozón, os novos problemas de turbidez na auga de Lalín e os danos ocasionados pola caída dunha árbore no CEIP de Forcarei.

E nos deportes, ademais da fazaña de Iziar Barcala, analizamos o papel dos tenistas do Recreo Cultural no Máster Galego Absoluto celebrado na Estrada e repasamos todos os resultados da fin de semana no fútbol e fútbol sala coa análise de Rafa Vázquez.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_184245353_feed_1.mp3

Scroll al inicio