Hoxe luns 23 de novembro botamos áncora na cidade do Lérez e falamos con Camilo Franco director do Culturgal a grande feira da cultura galega que se celebra en Pontevedra, no Pazo da Cultura, desde o xoves 26 ata o domingo 29 de novembro. Unha Feira que reunirá a máis de 800 artistas e creadoras á volta de 200 actividades.
O mércores é 25N o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contras as Mulleres e queremos coñecer de primeira man a realidade desta lacra na Estrada e as actividades que se van desenvolver. Para isto falamos con Amalia Goldar Concelleira de benestar social e Igualdade e Marga de la Calle directora do CIM da Estrada.
Na segunda hora falamos con Elena Eirín a nosa farmacéutica de cabeceira que chega cada quince dias para falar de aprimorar a nosa saúde. Desta volta falamos de vitaminas e suplementos alimenticios.
E coma non a nosa «Operación Cocido» terá un lugar na recta final do programa por que entramos nos derradeiros días.
Se queres escoitar entra e dálle ao play. É de balde!
