RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A despedida a Xosé Manuel Beiras, falecido aos 90 anos, abre o informativo de hoxe.
Na Estrada, contamos o accidente sen feridos na avenida Benito Vigo e o restablecemento do subministro de auga tras a avaría en Matalobos.

Tamén repasamos a lista provisional de candidatos a xurado popular, o curso de lingua e cultura galegas para persoas migrantes e o peche temporal das adopcións de Patiñas por falta de espazo. Na axenda cultural, destacamos a xornada dedicada a Virxinia Pereira e o concerto de corais deste sábado en San Paio.

Na información comarcal, falamos do novo material para Emerxencias de Cuntis, da Intermax e das afeccións dunha nova liña eléctrica en Silleda, ademais da venda de entradas para o Pasabodeghas de Vedra.

Nos deportes, seguimos a participación de Iziar Barcala no Mundial Júnior e o nomeamento de Christian Costoya como embaixador das Rías Baixas.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_181886262_feed_1.mp3

Scroll al inicio