RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

No informativo de hoxe abrimos coa investigación a un médico do PAC da Estrada por unha presunta agresión sexual durante unha consulta. Ademais, coñecemos os detalles de dous novos parques eólicos proxectados entre A Estrada e Cuntis.

Falamos tamén do peche da praia fluvial de Liñares para acometer a súa renovación integral, cun investimento de 1,5 millóns de euros, e do avance do irmandamento entre A Estrada e Rianxo, que se formalizará o próximo día 19.

Repasamos os asuntos que chegarán ao pleno municipal desta noite, centrados na prevención da seca e na garantía do abastecemento de auga, así como as últimas novidades das obras na rúa Iryda e da recuperación da fonte da Praza de Galicia.

Tamén informamos da visita de Educación ao CEIP Manuel Villar Paramá de Outeiro de Vea, das críticas do PSOE ao investimento previsto na senda de Toedo e das peticións do BNG para modificar a sinalización viaria no cruce do Rollo.

Entre outros asuntos, falamos do recoñecemento que recibirá un profesor que impartiu clase no IES Manuel García Barros polo rescate dunha bañista en Samil, da reapertura de Alcampo na Estrada con novo horario e da celebración do Bingo Triple X en Callobre.

Nas comarcas, o PP de Cuntis denuncia unha posible subida do IBI e do imposto de vehículos, analizamos a autorización ambiental para un novo campamento turístico no municipio e pechamos coa Fraga do Alén de Lalín, distinguida como mellor cemiterio de España e gañadora tamén do premio Natureza Viva.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_181515935_feed_1.mp3

Scroll al inicio