RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe mércores 3 de xuño, tivemos un programa ben máxico. Primeiro falamos do galego no Está Falado! á volta das series, pelis e a dobraxe.
A seguir con Tamara Pérez que nos falou do seu proxecto en IG e máis en TikTok chamado Como cho canto! onde fai unhas traduccións de supertemazos do pop e rock que dá xenio escoitalos, ata lle fixemos peticións!!

En Voces en Lila, hoxe Kim Llovet fixo posible unha conxunción marabillosa de tres mulleres á volta do traballo que desde a psicoloxia, o corpo, e a consciencia fai Maria Garrido. Emoción a flor de pel con música a capela incluída.

E puxemos o ramo con Don Milincho que bota de menos ao seu amigo Ezequiel. A ver se un día destes lle damos unha sorpresa.

Se queres saber máis entra e dálle ao play. É de balde!!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_174923692_feed_1.mp3

Scroll al inicio