RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe venres 29 de maio falamos de deportes coa Presidenta do AE Club de Baloncesto xa que organizan durante esta fin de semana os campionatos galegos de mini e pre-mini de basket.A Estrada convertese, desta maneira, na capital galega do basket de base.

Falamos con Xosé Martín da Asociación Cultural Escola de Música Tradicional de Barbude para dar conta do VI Festival de Música Tradicional que se vai celebrar este domingo 31 a partir das 19:30 na Praza do Concello.

Neves Soutelo achegouse co seu Pé de Paxina para recomendarnos lecturas saborosas.

E seguimos falando de celebracións por que hoxe debullamos o programa das Festas de San Paio de 2026. Gran Parada, A Panorama, Baiuca, David Bustamante, Ortiga, arte floral, procesións, actividades para os nenos e nenas…vamos que non hai opción para non participar destas festas…Ah! e un sorteo dun escaparate valorado en 15.000 euros! Queres saber o que ten ese escaparate? Vas ter que darlle ao play, é de balde!!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_174593011_feed_1.mp3

Scroll al inicio