RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe luns 18 de maio falamos de consumo con Ana Cores quen dou conta das charlas informativas que desde a Asociación de Consumidores da Estrada están a realizar para achegar información e resolver dúbidas as persoas consumidoras á volta de temas coma as facturas da luz, ou o endebedamento familiar.

Demos conta tamén do Festival Salmón Rock que se vai celebrar o venres 22 de maio na Praza do concello e falamos con Pablo Loyola o artista que esta semana comeza a traballar na nosa vila na execución de dous murais de grande formato sobre a rapa das bestas e sobre Manuel García Barros no 150 aniversario do seu nacemento.

Puxemos o ramo a estas dúas horas de radio falando con Icía Diéguez vicepresidenta da Asociación Cultural Coto Manguelo de Orazo, por que son eles os que organizan o festival Manguelo Folk que vai xa pola súa XV edición, música, festa e foliada o sábado 23 de maio en Orazo, A Estrada.

Se queres saber máis entra e dálle ao play. É de balde!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_173896389_feed_1.mp3

Scroll al inicio