A Galería de Verán – Luns 17 de agosto de 2026
Comezamos unha nova semana na Galería de Verán de Radio Estrada cun programa no que a cultura e a música en directo son protagonistas.
Achegámonos ata Rianxo para coñecer todos os detalles dunha nova edición de Titiriberia, o festival dedicado aos títeres e ás formas tradicionais do teatro de monicreques. Falamos con Larraitz Urruzola, coordinadora do festival e membro da Asociación Cultural Morreu o Demo.
Miramos tamén cara a Pontevedra, onde os días 21 e 22 de agosto se celebra o Río Verbena Fest. Conversamos coa súa directora, Marta González, para descubrir a proposta e a programación desta nova edición.
E, ante a nova vaga de calor, repasamos as principais recomendacións para afrontar unhas xornadas nas que os termómetros poden achegarse aos 37 graos na nosa contorna.
Actualidade, cultura, música e propostas para gozar do verán, na Galería de Verán de Radio Estrada, 107.7 FM.
