Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), falamos ca directora do festival «Feito a Man», organizado pola Asociación Cidade Vella de Compostela, coñecemos os detalles da edición que se está a celebrar neste mes de agosto en diferentes prazas e rúas do casco histórico compostelano. Na segunda hora conversamos ca emprendedora estradense, Carlota López, creadora de Kairas, unha iniciativa para aplicar a intelixencia artificial e a automatización a pequenas e medianas empresas dunha maneira práctica e eficaz. Carteleira de MiniCinesCentral da Estrada. Concurso.
