O Concello presenta «La Última y Nos Vamos», a festa de prefin de ano que se celebrará o 19 de decembro con King África como cabeza de cartel. Repasamos tamén a conmemoración do 25N, cun manifesto consensuado por todas as forzas políticas municipais.
O Nadal protagoniza parte da información: o convite aos colexios para decorar sete árbores no Bosque Máxico e o acendido do alumeado, previsto para mañá na Praza de Galicia.
Contamos ademais a campaña da Garda Civil para previr estafas e roubos entre as persoas maiores, hoxe en Tabeirós, e os movementos do PP e do PSOE para renovar as súas organizacións xuvenís.
Na axenda, charla sobre alimentación e prevención do cancro no Museo do Moble e da Madeira, presentación de «O contador de areas», de Xosé Lueiro, no Teatro Principal, excursión de Arca ás luces de Vigo e o pasarrúas «O Mundo do Circo» deste sábado.
Na comarca, Silleda levará ao pleno a defensa dos fondos europeos Leader para 2028-2034 e o Tribunal Supremo confirma a anulación do plan de restauración da canteira de Casalonga, en Teo.
Escoita o informativo completo e as voces dos protagonistas. Máis información en www.radioestrada.gal.
