RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe no É de mañá volvemos contar con Xosé Lueiro que trae as súas culturetalladas embaixo do brazo para lembrarnos a actividade neste outono cultural na Estrada

Falamos de mar pero non da súa concepción romántica se non desde unha ollada de clase, por que o mar, para Manuel Barreiro e Elías Taño autores da BD «Maré», o mar é un campo de traballo, de sacrificio, de medo e moitas veces de morte. Falamos con Manuel Barreiro sobre esta que é a súa primeira obra no mundo do cómic e que foi galardoada co Premio Castelao de Banda Deseñada 2025 e que acaba de entrar en todas as librarías do país.

Na segunda hora demos ás benvidas a Ricardo Terceiro que nos seus relatos urbanos da Estrada trouxo arrecendos dos tempos nos que esta vila foi «vila airista».

E falamos con Xeila presidenta da asociación Xesteira de Couso xa que este sábado 28 vai ter lugar na parroquia unha nova edición de Xogamos unha proposta dirixida aos nenos de entre 3 e 12 anos que combina lecer, creatividade e educación en igualdade.

Se queres escoitar entra e dálle ao play. É de balde!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_184480060_feed_1.mp3

Scroll al inicio