Hoxe 24 de novembro damos a benvida, de novo, a Fazulas o gato de Dona Adelaida que chega con novas aventuras nun album ilustrado no que a curiosidade deste particular animal lévao ao deserto para descobrir cantos grauciños de area caben nel. Falamos con Xosé Lueiro e Sara Valcárcel , guionista e ilustradora desta nova entrega de Fazulas chamada «O contador de areas».
Falamos con Carlos Loureiro, biógrafo de Manuel García Barros, xa que mañá mércores na Casa das Letras, na Estrada, preséntase ás 20:30 o libriño «Contos de fútbol» unha publicación que recupera dous relatos de KenKeirades á volta deste deporte.
E seguimos pondo o foco no 25N. Desta volta no Fío condutor de Kim Llovet, Marga de la Calle, directora do CIM da Estrada, volve ao É de mañá para falar desta volta dos distintos tipos de violencia que existen e da prevención, sobre de todo nas idades máís temperás, incidindo na importancia das actividades que se desenvolven nos centros educativos.
E seguimos na nosa «Operación Cocido». Achégase o mércores, o día no que sortearemos o derradeiro cocido por xentileza de Taberna O Quinteiro.
Se queres saber máis entra e dálle ao play. É de balde!
