RadioEstrada

Informativos Radio Estrada.

Arnois celebra os 105 anos de Manuel Collazo Pazos cunha homenaxe no lugar dos Golmados. Na Estrada, os efectivos de Emerxencias rescataron unha traballadora municipal que quedou atrapada no ascensor da Casa da Música tras un apagamento que obrigou a suspender as clases do Conservatorio.

Repasamos tamén a modificación de 200.000 euros no orzamento municipal, a proposta para cubrir o sobrecusto da remodelación do Novo Municipal e a incorporación do investigador estradense Julián Bergueiro ao programa Oportunius da Xunta. No Día Universal da Infancia, a Escola Infantil Municipal celebra a xornada cunha festa e unha recollida solidaria a favor de Cáritas.

Na axenda da fin de semana, Bernarda volve ao Teatro Principal, a Banda Cultural da Estrada e Os Lóstregos comparten escenario polo concerto de Santa Icía e o Novo Mercado acolle un bingo da Comisión de Festas. Na comarca, Silleda presenta a campaña «Coñeces á túa veciña?» para visibilizar a violencia machista.

Nos deportes, A Estrada acolle por primeira vez o Máster Galego Absoluto de Tenis, con catro xogadoras do Tenis Recreo Cultural. Seis atletas estradenses compiten no Campionato de España de campo a través en Atapuerca e o Estradense recibe o CD Arenteiro este domingo.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_184132989_feed_1.mp3

Scroll al inicio