Hoxe no Informativo Actualidade Mediodía» repasamos as obras de asfaltado no rural, a montaxe do bosque de Nadal e a previsión de dúas novas prazas xudiciais na Estrada. Abordamos tamén a charla de seguridade en San Miguel de Castro e a reclamación do BNG de medidas urxentes na N-640.
Na cultura, presentación do libro de Nicolás Luna, homenaxe a García Barros en Berres e reedición de «Ramón de Liripio». Coñecemos, ademais, os bombóns solidarios «Noelia», que apoian a investigación contra o cancro e lembran a Noelia Gestoso Uzal.
Nas comarcas, información sobre a auga en Vila de Cruces e as traídas de Fondós, en Cerdedo-Cotobade. Nos deportes, A Estrada estrea o Máster Galego Absoluto de tenis, con catro xogadoras do Tenis Recreo Cultural.
