RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe xoves 5 de novembro o É de mañá chegou cargadiño. Comezabamos co resume das novas máis destacadas da man de Damián Cortés. A seguir Xosé Lueiro adiantaba as actividades culturais da fin de semana desde hoxe e ata o domingo onde o Teatro Prinicpal acollerá un concerto ilustrado hoxe xoves, mañá o monólogo de Leti da taberna e o sábado o concerto de XXX aniversario da Coral Polifónica Estradense.

Polos nosos estudos pasou o alcalde da Estrada Gonzalo Louzao que actualizou a actividade municipal en distintos ámbitos: medioambiental, de infraestruturas, rehabilitación patrimonial, convivencia e falou tamén das novidades á volta do alumeado de Nadal.

Ricardo Terceiro nos seus Relatos urbanos trouxo convidadas de luxo, falou de edificios emblemáticos da Estrada ao fío da exposición fotográfica que se vai inaugurar este domingo dia 8 na Sala Abanca froito dun obradoiro impulsado pola Asociación Mulleres que Poden impartido por Aroa Martínez. Ela estivo tamén nesta sección xunto a dúas das participantes deste obradoiro.

E coma non tivemos tempo para o concurso «Operación cocido» no que sorteamos durante todo o mes de santos un cocido á semana por xentileza da taberna «O Quinteiro». Chamou moitos oíntes…comos e nota que hai ganas de cocido!

Se queres saber máis pasa e dálle ao play. É de balde!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_183362151_feed_1.mp3

Scroll al inicio