RadioEstrada

A Galería de Verán | Fotowalk en Boqueixón e agosto cultural en Cerdedo-Cotobade

Nova edición de A Galería de Verán, o magazine das mañás de Radio Estrada.

Hoxe falamos con Sergio García, fundador de Fotowalk Galicia, sobre a quedada fotográfica que se celebrará este sábado 22 de agosto en Boqueixón, unha proposta para descubrir o concello a través da fotografía, compartir afección e gozar dunha xornada de convivencia.

Na segunda hora achegámonos a Cerdedo-Cotobade para conversar co seu alcalde, Jorge Cubela, sobre as próximas citas da programación cultural de agosto, entre elas o concerto de Budiño e a representación teatral de Retrincos de Castelao, a cargo de Artefeito Producións.

Ademais, actualidade, música, participación e ambiente de verán nunha nova mañá de radio.

A Galería de Verán — Radio Estrada 107.7 FM
Martes, 18 de agosto de 2026


https://www.ivoox.com/a-galeria-veran-fotowalk-boqueixon_mf_179087057_feed_1.mp3

Scroll al inicio