RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste Martes chega marcada por un atropelo na N‑640, que deixou unha persoa ferida. Tamén lles contamos a visita do conselleiro de Educación ao centro loxístico de Toedo, así como os microcortes eléctricos que están afectando a varias parroquias do concello. Repasamos os detalles da rehabilitación da N‑640, novas actuacións urbanísticas e de mantemento, e o proxecto do futuro helipuerto de emerxencia en Oca.

Ademais, falamos da restauración da Inmaculada da Praza da Igrexa, dunha nova poxa de parcelas rústicas e do regreso de Alcampo á Estrada, que suporá a creación de 15 novos postos de traballo.

En comarcas
O deporte será protagonista en Cerdedo‑Cotobade, que acolle o primeiro Triangular de Veteranos, reunindo ao Huracán, Tenorio e Caroi. En Ames, motores, música e rock únense na terceira edición do BikeShow Bertamiráns, unha proposta de ocio destacada para esta fin de semana.

En deportes
Dúas deportistas do CNS A Estrada representarán a Galicia no Campionato de España. Ademáis, o Manuel Regueiro acollerá o 29 de agosto o VI Triangular Concello da Estrada, unha das citas deportivas sinaladas do verán.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_179084768_feed_1.mp3

Scroll al inicio