Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), falamos ca Concelleira de Cultura do concello de Vilagarcía de Arousa, sobre todas as propostas das Festas de San Roque: Festa da Auga, Festaclown… Mañá celébrase o Día da Xuventude, comentamos esta conmemoración con Annie Sánchez da asociación Ocionautas. A última conversa de hoxe é con Jon Amil, presidente da Asociación Galega da Lingua (AGAL), cóntanos detalles da campaña: «Falo galego, fala-me portugués» que comezaba en Compostela o 25 de xullo. Concurso.
