RadioEstrada

12 DE AGOSTO

Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), falamos con Marcos Alexandre Muíños, vogal da asociación A Xesteira, organizadora dunha nova edición da festa, «As Nosas Músicas de Couso», celebrarase o xoves 13 e o venres 14. Visítannos dous dos compoñentes do grupo estradense Skanderani, Álex e Ahmed, xunto con Jorge e Roberto, forman a banda que acaba de fichar pola discográfica madrileña, Raso Estudio, con ela publicarán as súas novas cancións a finais de outubro. Conversamos con Javier Cabalar, adestrador canino profesional, sobre os coidados das nosas mascotas nestes días de altas temperaturas.


https://www.ivoox.com/12-de-agosto_mf_178836828_feed_1.mp3

Scroll al inicio