Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), falamos con Xosé Garrido, xerente da agrupación estradense Tequexetéldere, están a participar no Festival Intercéltico de Lorient. Conversamos co alcalde estradense, Gonzalo Louzao sobre o punto de observación do eclipse da vindeira semana, no Alto do Castro en San Miguel de Castro, encontro organizado polos Departamentos de Turismo e Sanidade do Concello da Estrada e por Emerxencias , Protección Civil e Policia Local. Na segunda hora de programa coñecemos detalles da IV edición do Berry on Cider Fest en San Tomé de Ancorados, mañá venres, falamos cun dos seus organizadores, Javier Agrelo de Biofruit Galicia.
