Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), falamos co chef da Casa Rural Val Fresco en Curantes, Florentino Rodríguez, «Tinín Rodríguez», sobre as «Xornadas Gastronómicas do Norte», nas que o protagonista será o bonito, o poderemos desfrutar en diferentes elaboracións. Na segunda hora conversamos con Javier Quintáns, Patrón Maior de Carril, sobre a XXXI edición da Festa da Ameixa de Carril que terá lugar esta vindeira fin de semana.
