Radio Estrada ofreceu un programa especial para vivir en directo a primeira xornada da XXX Subida á Estrada. Durante máis de cinco horas de emisión en directo, instalados na propia saída da proba, seguimos toda a actualidade, as incidencias, os tempos e o ambiente dunha das citas máis importantes do automobilismo galego.
Coa narración e análise de Damián Cortés, Luis Mato e Alberto Pérez, este programa reúne entrevistas, protagonistas e toda a emoción da competición vivida ao minuto.
Marcas de tempo:
- 00:48 – Laura Gonta
- 1:03:00 – Jorge Pérez
- 1:12:00 – Xián Prado
- 1:15:00 – Jacobo Senín
- 1:36:00 – Antonio Troitiño, presidente en funcións da Federación Galega de Automobilismo
- 2:35:00 – David Vázquez
- 3:20:00 – Nacho Cerrato
- 3:20:00 – Manolo Hórrea
- 4:12:00 – Javier Martínez Carracedo
- (Último tramo do programa) – «Pichi», histórico afeccionado ao motor e comisario da Federación Galega de Automobilismo.
Se non puideches seguir a retransmisión en directo, aquí tes a oportunidade de revivir unha intensa tarde de radio desde o corazón da competición, con toda a información, as voces dos protagonistas e a paixón dunha proba que xa suma trinta edicións.
🎧 Escoita o programa completo aquí.
