Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), falamos con José Manuel Martínez, «Abuelo», apicultor estradense, sobre a situación das colmeas na súa loita fronte as vespas velutinas. Na segunda hora conversamos co artista estradense, Manuel Míguez, «Poke», cóntanos detalles das súas últimas obras, murais realizados en dúas paredes da Estrada: na rúa Pérez Viondi e na rúa Marqués de la Vega Armijo.
