Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), lembramos a figura de Rosalía de Castro no aniversario do seu falecemento e repasamos algunhas das efemérides máis destacadas do 15 de xullo.
Con motivo do Día Mundial das Habilidades da Mocidade, abrimos a participación dos oíntes cunha pregunta moi especial: que habilidade aprendiches de pequeno ou pequena e aínda che segue sendo útil hoxe? Un espazo cheo de recordos, aprendizaxes e historias compartidas.
Ademais, entrevistamos á concelleira responsable das Festas do Santiaguiño de Padrón, que nos presenta a programación, as novidades desta edición e a importancia dunha das celebracións máis emblemáticas do verán galego.
Todo isto acompañado da mellor selección musical, información de proximidade e o ambiente fresco e participativo que cada mañá enche A Galería de Verán.
🎧 Escoita o programa completo aquí
